Bienvenido a empuje.net - Contracultura coruñesa
Aliviemos el espíritu...


Menú principal empuje.net
· Home
· Contacto _ contraempuja
· Downloads _ descargas
· Encuestas empuje.net
· Links _ enlaces
· Top 10

¿Quién está en línea?
Hay 30 personas conectadas ahora mismo.

Visitas a empuje.net
Se han visitado
1813697
páginas de empuje.net desde Septiembre 2004
Y en este mes
5017
pinchazos.

Foro - Mundoempuje - Blog
Visita el foro de empuje.net
Foro y
Mundo empuje


Visita el Blog de Noticias de empuje.net
Blog noticias
empuje.net


Escucha Radio Cuac Fm en directo a través de internet
Cuac Fm



Encuesta
¿Cuál es vuestro batería favorito de la siguiente lista?

Bule Bule. Los santos
Oscar Carames. Rockers go to hell
Mecha. Guru Deva
Miguel Cabana. Carmen Rey grupo
Miguel.Snail
Dani.T´Crack
Santi Roma. Carlos Childe Troupe
Humberto.Shroud of tears



Resultados
Encuestas

votos: 471
Comentarios: 0

JukeBox empujante


Puedes encontrar...
Esto lo puedes encontrar en empuje.net - /onceen10portada.jpg.

Cómics y fanzines
pulsa aquí para expandir/contraer
¿Es un pájaro, es un avión...?
Cómics
Grapadora, fotocopias y tijeras...
Fanzines

Tiendas
pulsa aquí para expandir/contraer

Ancient




O NOSO BLACK METAL TEN INFLUENCIAS DO HEAVY, DO TRASH E DO DEATH METAL





Entrevista por Tareixa González Guisan

Fotos por Rubén Novo









1.A banda leva tocando moito tempo.
Como definiríades a vosa evolución?



Comezamos en 1992 na Noruega e fixémolo con un Black Metal bastante primitivo e salvaxe como tamén fixeran Bathory, Venom e outras bandas que tocaban naquela altura. No primeiro álbum éramos tan só dous membros na banda: o batería e mais eu.
Él deixou a banda e eu marchei aos Estados Unidos, onde aglutinei unha nova formación.
Naquel momento cambiámos de estilo e convertémonos en algo máis melódico en certa maneira; non facíamos un black metal tan puro pois coa nova formación confluíran diferentes estilos.
Actualmente estamos voltando ao estilo antigo pero conservando o noso son, o típico de Ancient.
A xente sempre me di que Ancient é algo recoñecible, porque soa diferente a outras bandas, coas súas melodías particulares e cun black que non é puro senón que ten influencias do Heavy, do Trash e do Death Metal.


E da Música Clásica?


Tamén





2.Porqué estivéchedes en silencio os últimos anos?


Realmente fixemos un longo parón desde Outubro de 2005 até este ano. Non tocamos durante aproximadamente catro anos: o noso batería deixara a banda e por outro lado necesitábamos compoñer nova música. O pequeño descanso foi máis longo do que pensábamos contra o que planeáramos.





3.Se puidérades elexir preferiríades xirar con Watain ou con Dimmu Borgir?


Ir en tour con Dimmu Borgir sería bon en canto a promoción e favorecería chegar a máis xente. Probabelmente elexiríamos esta opción ainda que desta escolla non se traduce qué grupo prefiro, musicalmente falando.





4.Cal é o tema que máis vos gusta tocar? porqué?


Con esta formación gosto moito de tocarTrolltaar por que Nick faina rápida e enérxica. E sta canción realmente mostra a química da formación, ademais é xenial en directo.





5.En relación ao Tour Ibérico.. Estades satisfeitos co resultado?


-Mais ou menos. Sempre podería ser mellor e sempre podería ser peor. Nalgúns concertos non tivemos demasiada xente mais o de hoxe foi o mellor. Ainda que foi nun lugar pequeno estaba ateigado de xente, había unha boa atmósfera. Tal vez o público mostrouse un pouco frío mais foi un bon concerto. Había moita xente nova e tocámos todas as cancións que puidemos ( Nicholas desconectou a o equipo da batería xusto cando pensábamos voltar e tocar un tema máis..tería sido xenial )





6.Escandinavia produce Black Metal mais, na actualidade, parece que o resto do mundo segue máis este tipo de música que os propios escandinavos.
Estás de acordo? Qué pensas sobre isto?



Non podo falar con exactitude, non sei como andan distribuídos os fans neste momento.





Refírome a que cando estiven na Noruega tiven a sensación de que vós producíades a música pero que países como Alemaña na Europa, por exemplo, ou Latinoamérica en xeral tiñan máis adeptos. É habitual que en Latinoamérica as bandas de Black teñan que duplicar concertos no último polo número de fans.
Que opinas?



Eu son de Bergen (Noruega) e alí moita xente toca e escoita Black Metal. Uhm…a ver…penso que a xente da Noruega é diferente da xente Europea e, sobre todo, da do sul da Europa. Trátase do sentimento que temos, é algo difícil de explicar. Pode que a xente do meu país sexa máis creativa porque temos un estilo de vida diferente. Alí pásase máis tempo en casa pois os invernos son realmente fríos, chuvosos e con tormentas frecuentes. Os noruegueses entón preferen quedar na casa en vez de saír.


Obrigada. Sede benvidos á nosa cidade.
Oxalá contemos coa vosa presenza noutra ocasión.



Quizá o próximo ano podamos organizar outra xira. Con máis promoción e mellor organización espero que veña máis xente. Gostamos moito do país e da xente. Xa estivemos tres veces en España, sería a nosa cuarta visita.




'http://www.myspace.com/ancientband'










Copyright © por empuje.net - Contracultura coruñesa Derechos Reservados.

Publicado en: 2009-10-19 (281 Lecturas)

[ Volver Atrás ]
Content ©

empuje.net no se hace responsable de las opiniones vertidas por sus colaboradores
© empuje.net 2004


Todos los logos y marcas registradas presentes en este sitio web son propiedad de sus respectivos dueños.
Los comentarios vertidos son responsabilidad de cada indivíduo, y el resto es propiedad de ©empuje.net 2004.
Página Generada en: 0.09 Segundos