O 6 de Decembro A Coruña recibiu a esperada visita de Ancient, banda que
comezou a súa andaina a principios dos noventa en Bergen (Noruega), centro
neurálxico do Black Metal escandinavo e internacional.
Perto dun cento de seguidores do black metal máis puro congregáronse
na Sala Mardi Gras ( A Coruña ) á espera de escoitar os temas máis
míticos da banda e descubrir as novidades que poderían presentar tras
varios anos de silencio.
Ao longo do concerto fixeron un percorrido a través da súa longa carreira discográfica
que comeza no 1993 coa publicación da demo Eerily Howling Winds chegando até o 2005
en que sacan un recopilatorio co mesmo nome, que inclúe os temas deste primeiro traballo
e unha boa selección de outros da súa longa traxectoria.
Aínda que a primeira parte do concerto foi algo fria, a medida que o show ía
rodando o público foise entregando completamente aos viquingos. Non faltaron temas antíguos
como Det Glemte Riket ou Trolltaar, que foron os pontos máis álxidos da velada.
Xa case ao final, regaláronnos unha boa versión dos xa clásicos Inmortal e
ademais sondaron ao público para ofrecer un bis que ao final non puido ser.
Pero non vos preocupedes blackmetaleiros, que os xélidos ventos do Norte volverán
con máis tralla e, segundo esperan, canto antes.
Discografía:
Eerily Howling Winds (Demo)
1993
Svartalvheim
1994
Det Glemte Riket [EP]
1994
Trolltaar [EP]
1995
The Cainian Chronicle
1996
Mad Grandiose Bloodfiends
1997
The Halls Of Eternity
1999
God Loves The Dead
2001
Proxima Centauri
2001
Night Visit
2004
Eerily Howling Winds
. The Antediluvian Tapes
2005